




18
A selección das ferramentas tecnolóxicas (como tódalas ferramentas) supoñen un condicionante sobre o uso que posteriormente se vai a facer de elas. Ademáis en educación, a concepción educativa (si é que se ten) tamén resulta un condicionante sobre o uso.
Cuadernia é unha ferramenta de autor baseada na tecnoloxía Flash, o que implica que as producións que o profesorado realice con esta ferramenta tamén deberán utilizar esta tecnoloxía. Pero, cal é a realidade de Flash no momento actual?
Adobe, empresa propietaria de Flash, xa anunciou o abandono do desenvolvemento do soporte flash para móbiles Exclusive: Adobe ceases development on mobile browser Flash, refocuses efforts on HTML5. Apple xa evitou dende o comezo Flash nos seus dispositivos, e a Android non lle saíu ben a experiencia. A realidade é clara: Flash morreu como imos ver.
Enrique Dans na súa entrada de blog, de moi recomendada lectura, Adiós a Flash en dispositivos móviles comenta:
El anuncio de Adobe, planteado como un cambio de estrategia y acompañado de despidos masivos, deja ya lugar a pocas dudas: el desarrollo en Flash para páginas web ha muerto, víctima de la ubicuidad de la internet móvil. A partir de ahora, Flash será una plataforma para desarrollo de aplicaciones que, convenientemente empaquetadas en un contenedor multiplataforma, puedan ser distribuidas en las diferentes tiendas de aplicaciones, y Adobe se dedicará, entre otras cosas, al desarrollo de herramientas de desarrollo sobre HTML5. Es lo que hay. El desarrollo web mediante Flash queda convertido en el símbolo de una época, de una etapa de transición que se termina. Pasemos página.
Seguramente a pouco que busquedes na rede comprobaredes que o futuro non se escribe con Flash, que exemplos de traballo e gran recoñecemento como Vedoque.com xa anuncian nas súas páxinas a necesidade de pensar en HTML5 para os proxectos de calado. Como eles mesmo indican «La aparición de las tabletas, la muy comentada prohibición de Flash en Iphone/Ipad, los smartphones, la aparición del estándar HTML5,… nos empujan a realizar juegos en algo que no sea Flash«.
Criterios técnicos de importancia a ter en conta empapan este tipo de decisións, como por exemplo o seguinte:
Flash, debido a su naturaleza es un ávido consumidor de CPU, algo que los usuarios notan perfectamente cuando visitan páginas con elementos Flash incrustados: el consumo del procesador aumenta y en ocasiones el resto de aplicaciones sufren las consecuencias.
(…)
A esto hay que añadir que las últimas versiones han sido muy criticadas por venir plagadas de bugs y pequeños fallos que hacían que el navegador se «rompiera» y hubiera que reiniciarlo.
(…)
La decisión de Adobe puede entenderse de muchas formas, pero lo que queda claro es que reconocen haber sido superados por el HTML5, que es más universal y funciona sin problemas en todas las plataformas móviles además de en los sistemas operativos tradicionales.
Atopado en: http://www.rtve.es/noticias/20111110/adobe-flash-se-rinde-ante-html5-abandona-dispositivos-moviles/474520.shtml
Outras referencias que podedes consultar sobre Flash son:
Cuadernia non é Software Libre. O seu uso está restrinxido a unha cuestión contractual de licenciamento privado, polo que os recursos educativos realizados con esta plataforma dependen do mesmo entorno de software para poder ser editados/actualizados/mellorados/adaptados… Comparándoo coa música, é como se tiveramos nas mans unha marabillosa partitura composta por un compañeiro que amablemente nos cede para interpretar cos nosos alumnos. A partitura está adaptada aos seus alumnos, aos seus instrumentos e, aínda que a el non lle importante, non temos capacidade de adaptación sobre a mesma imposibilitando o seu uso.
Cuadernia non está soportada na súa versión en Local para equipos con sistemas baseados en software libre como GNU/Linux. Aínda que nos foros de algún blogue (1,2) se pode atopar que se pode executar con Wine, a súa estabilidade en estes sistemas está por demostrar e artéllase complicada. En todo caso Cuadernia é unha aplicación dependente do sistema operativo o que a afasta da ansiada «multiplataforma» que deben cumprir tódalas aplicacións de usuario.
No seu manual oficial (4) indícase no seu apartado «Botón administración de Galerías de Objetos» a súa única compatibilidade con arquivos da suite ofimática privativa Microsoft Office. Debemos recordar que os centros educativos públicos galegos non dispoñen de licenza desta suite dende a súa versión 2003:
«Si ha utilizado cualquiera de las versiones anteriores de Cuadernia habrá observado que hemos incluido un nuevo tipo de galeria de objetos, le hemos denominado galería de recursos y está destinada a almacenar todos aquellos archivos que no siendo cuadernos cuadernia se quieran distribu ir junto al cuaderno y ser visual izado mediante una ventana emergente tras hacer clie sobre el enlace correspondiente. Los formatos de archivo permitidos son ficheros de word , excel , powerpoint y pdf«
Referencias:
(1) http://www.educacontic.es/blog/cuadernia#comment-415
(2) http://www.educacontic.es/blog/actividades-educativas-si-no-las-encuentras-crealas#comment-3118
(3) http://profeblog.es/blog/recursospdi/2011/01/30/generador-online-de-cuadernia-2-0/
(4) http://www.educa.jccm.es/educa-jccm/cm/recursos/urlContent?contentPK=SGFzaE1hcDoiYWxpYXMiOiJyZWN1cnNvcyI6ImlkQ29udGVudCI6IjcxNTQyIg..&locale=es_ES&textOnly=false
20
Boas compañeiros,

Con motivo da paulatina introdución das TIC nas aulas, estase a engadir a palabra «dixital» a conceptos ós que estabamos afeitos a utilizar no ámbito do noso traballo. Pero chega con engadir o apelido «dixital»? As ideas deben ser adaptadas para atoparlle cabida dentro dunha práctica na que están presentes as TIC.
Como en tódolos cambios profundos, como o que estamos a vivir, é preciso facer unha análise maior e cuestionarse determinados elementos que inicialmente é máis sinxelo interiorizar tal e como aparecen presentados. Para explicar rapidamente o que quero dicir necesito que prestemos un segundo atención a catro conceptos básicos:
No mundo educativo puramente analóxico (hai dez anos¿?), cando as únicas formas de distribuír unha proposta pedagóxica era a edición en soporte papel (con todas as implicacións intermediarias que esta estrutura implica), a existencia e esaxeración no uso dos libros de texto podía estar «xustificada», aínda que eu non a xustificaría nunca. Loxicamente, como non se podía editar un libro de texto para cada provincia, ou centro pertencente a un concello, necesariamente as propostas curriculares que chegaban (e chegan) ás nosas mans son do tipo «1B) Pechadas e ríxidas». Sen darnos conta esta realidade facilitou moito a nosa conversión dentro do continuo de «2A) Docentes planificadores» a «1A) Docentes executores».
Do soporte papel ó soporte dixital
Se a razón da existencia dos libros de texto era a edición e distribución en soporte papel das propostas curriculares, desaparecido este tipo de soporte e substituído polo soporte dixital, amósase a clara oportunidade de desfacernos dos límites que representan o uso excesivo dunha proposta curricular que, pola súa natureza, é totalmente pechada. Debemos continuar dando por boa a existencia de este tipo de propostas curriculares que favorecen a continuación e desenvolvemento do perfil docente puramente executor? Vou repetir esta última pregunta: Debemos continuar dando por boa a existencia de «libros de texto dixitais» que favorecen o desenvolvemento de perfiles docentes puramente executores?
Na cor gris podemos atopar a solución. Non se trata de que os docentes que ata agora utilizaban os libros de texto tradicionais de súpeto, deseñen tódolos materiais cos que vai ter que traballar na aula. Trátase de que aproveitando o potencial da tecnoloxía, identifiquemos aqueles elementos que, sen renunciar a dispoñer de unha proposta curricular xa elaborada, esta sexa «2b) Aberta e flexible». Así poderemos realizar pequenas modificacións sobre a proposta sen un excesivo esforzo que nos permita garantir a adecuación das metodoloxías ás características individuais dos nosos alumnos, favorecendo en gran medida a consecución do máis esperado: a aprendizaxe dos futuros cidadáns.
A concreción
O camiño ideal para chegar a esta situación sería dispoñer de potentes estruturas de colaboración docente co fin de compartir materiais educativos, dende algo extremadamente simple como unha imaxe, ata algo extraordinariamente complexo como unha proposta curricular completa (Programa de Formación segundo esa cousa rara que se chama LOM-ES). Pouco a pouco conseguiramos as propostas curriculares que necesitamos.
A rodaxe de un proceso como o descrito levaría tanto tempo que é necesario que alguén (e aquí sinalo á administración pública) dea o pistoletazo de saída e impulse a creación dos primeiros materiais. Un proxecto así comezou xa hai máis de dous anos en Andalucía da man de Aníbal de la Torre (@anibaldelatorre) poñendo a disposicióno pública as fontes dos Materiais de Bacharelato Online.
Seguramente existen máis proxectos similares que non coñezo, pero un que me gusta especialmente é o que hai poucos días publicaron os compañeiros do CEDEC (Centro Nacional de Desarrollo Curricular en Sistemas no Propietarios) dependente do ITE (Ministerio de Educación). Trátase de unha mostra de catro unidades didácticas para Matemáticas de 3º da ESO e tres para Lingua Castelá..
Os enlaces para acceder a estes materiais son os seguintes:
Tamén podedes ver o video presentación dos materiais no III Congreso Escuela 2.0.
Coñecín este proxecto e ó seu coordinador Antonio Monje (@antoniomonjef) ó que dende aquí envío as miñas felicitacións, no III Congreso Escuela 2.0 que tivo lugar en Granada a principios deste mes de Outubro. O certo é que ten tódolos compoñentes para desfrutar vendo como se desenvolve:
Dende aquí, expoño que parece incrible que moitas comunidades continúen apostando por ferramentas privativas para a elaboración de recursos educativos que, en definitiva, ó único que contribúen é a desenvolver habilidades no profesorado que quedan asociadas a unha única marca e polo tanto ó pago de licenzas, que como a natureza do termo indica teñen data de caducidade.
Felicidades ó CEDEC, e especialmente a Antonio Monje.
17
Boas compañeiros,
Abro este fío de debate porque me gustaría analizar con vós determinadas mensaxes que dende as diferentes organizacións sindicais se envían á sociedade. Para iso vou expresar aquí a miña opinión sobre, por exemplo, o lema que servíu de cabeza de manifestación este venres 9 en Santiago e que versaba: «Non á modificación do horario do profesorado. Mantemento do acordo de 2007″, ou por exemplo o titular que a maioría dos sindicatos emiten incluíndo case sempre o texto «incremento do horario», na maioría das veces enganden «lectivo» (que menos).
A miña opinión:
A cabeza de cartel da manifestación é tremendamente errónea, e como non quero ser excesivamente imaxinativo, non vou pensar que estivera manipulada por, precisamente, aqueles que están a materializar os recortes en educación.
O desprestixo social que están a sufrir os funcionarios no seu conxunto parte do cuestionamento dun sistema onde se considera que o tamaño da Administración Pública (onde se inclúe ós seus traballadores) é excesivo, polo tanto é preciso reducilo.
A actual campaña en contra do ensino público enmárcase claramente nesta estratexia. Para iso, cada comunidade autónoma lanza determinados globos-sonda, pero á vista está que comparten unha unha estratexia común. Están, por así dicilo, facendo investigación ó tempo que avanzan en aceleración progresiva cara os seus obxectivos.
Unha das ferramentas máis valiosas que ten esta estratexia é o desprestixio social do funcionario. O valor desta ferramenta non se basea nunha complicidade de emocións compartidas, senón na máis absoluta manipulación de un gran conxunto da poboación hoxe oprimida polo medo a perder o emprego, e pola necesidade de pagar a hipoteca (emprego e vivenda, buf!). Así pois, as mensaxes que se lanzan á sociedade están cargadas de, como diriamos os docentes, «currículum oculto».
Volvendo ó lema de cabeza de cartel «Non á modificación do horario do profesorado», este fai mención directa ó «horario dos profesores», precisamente unha das bazas principais coas que xogan os poderes dominantes nesta campaña de desprestixio, e por si fora pouco, nin se inclúe a palabra «lectivo». Isto aviva claramente a confusión social que existe entre horario lectivo, horario de permanencia, horario de coordinacións e xornada laboral. E, no caso de aqueles que non precisan unha explicación ó respecto das diferencias, cuestionaranse si realmente inflúe tanto dúas horas lectivas máis (seguramente moitos de nós xa estivemos estes días a discutir con familiares e amigos). Ó final, a discusión en vez de ser unha discusión conxunta sobre o desmantelamento dos servizos públicos (e en definitiva de perda de dereitos sociais de todos), convértese, unha vez máis, en si os profesores traballamos moito ou pouco (un sin sentido).
Sabendo isto, porque os sindicatos non elixiron un cartaz do tipo «Non á redución das titorías, as coordinacións e a planificación»? En realidade é o mesmo, o noso horario componse en diferentes proporcións de diferentes aspectos, e si suben uns terán que baixar os outros, por que elixir a opción máis sinxela de manipular?? No caso de que consideremos que é un cartaz demasiado complexo ben podemos, aproveitando o actual debate, compartir coa cidadanía o seu significado contribuíndo así á dignificación dos docentes públicos que tanto estamos a buscar.
A defensa dos nosos dereitos ten diferentes dimensións, ó meu modo de ver:
Eu téñoo claro, concretar TODAS as nosas forzas en iniciativas excesivamente definidas, como a actual modificación do horario lectivo, é favorecer a estratexia da manipulación. E moito máis o é elixir un cartaz que diga «Non á modificación do horario do profesorado». Un amigo meu diría: – Somos corzos, ou que?
Defendo o papel dos sindicatos como elemento de sistema pero non a súa actual actuación de conxunto. Nesta crítica inclúo ós propios traballadores que moitas veces non contribuimos o que deberamos na definición das iniciativas pero, para min, hoxe falta unha convocatoria REGULAR de asambleas onde poidamos expresarnos, sin necesidade de ter que acudir a reunións totalmente dirixidas.
Saúdos.
(Este texto é unha copia dun tema de foro que abrín no foro do Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia que se pode ver en: http://foro.stegsindicato.org/viewtopic.php?t=11372)
01
A especificación de estandarización máis importante, no que a construción de recursos educativos se refire, é a denominada SCORM (do inglés Sharable Content Object Reference Model). Trátase dun conxunto de normas técnicas deseñadas e sostidas por ADL que pretende definir o formato técnico dos paquetes educativos para satisfacer os seguintes requirimentos:
Co fin de favorecer a creación de recursos para a formación en liña ADL colabora con outras organizacións que a día de hoxe están integradas na norma SCORM. O conxunto de especificacións resultantes agrúpase en tres temas principais:
A complexidade do SCORM tal e como está definido o estándar ven pola dificultade na creación dos paquetes, xa que son necesarios coñecementos mínimos de programación tanto para o seu empaquetado, como para a súa modificación. Así, isto convértese nun atranco para que docentes poidan construír os seus recursos acolléndose ó estandar, ou para modificar recursos atopados na rede e modificalos. Para salvar este obstáculo a comunidade crea as denominadas “Ferramentas de Autor” que guían ó docente no proceso de creación do recurso. Unha vez elaborado pódese exportar en diferentes formatos entre o que se atopa o SCORM.
Para favorecer que o destinatario que recibe o recurso educativo ten posibilidade de modificalo e adaptalo ó seu modelo metodolóxico é necesario que dispoña do proxecto orixinal que ven a ser o arquivo orixinal sen empaquetar da propia ferramenta de autor. As ferramentas de autor máis coñecidos e utilizadas son:
![]()
É curioso comprobar como un estandar técnico destinado á creación de recursos educativos non inclúe nas súas especificacións elementos que faciliten a creación e modificación dos mesmos recursos por usuarios sen coñecementos técnicos importantes como son o propio colectivo de docentes.
31
Introducir as TIC na educación dos alumnos e moito máis que conectarse a Internet, son necesarias un conxunto de condicións pedagóxicas, económicas, políticas e culturais, para que sexan vistas como un medio e non como un fin en si mesas (Pérez Tapia 2006). Como medio son potentes instrumentos ambiguos, que tanto poden utilizarse cos mellores fins como cos peores. Dependerá do propio uso que se faga delas que a contribución sexa positiva ou negativa.
De tódolos xeitos prantéxanse certas rupturas de limites tradicionalmente existentes, e que agora é necesario asumir. O acceso a todo tipo de contidos é unha realidade dentro e fóra da escola, co que asumir a prohibición como medida pedagóxica non parece a opción máis responsable.
Por outro lado, no uso está tamén a implicación de si estamos a realizar innovación educativa ou simplemente estamos a substituír a ferramenta tecnolóxica, o libro de texto polo libro dixital ou a lousa tradicional pola dixital. A revolución estará na modificación da metodoloxía para adaptarse ás novas tecnoloxías de xeito que se mellore a consecución da aprendizaxe por parte dos alumnos.
Unha visión crítica cas TIC non implica a súa desacreditación. Como ferramenta de manexo case instrumental teñen un inmenso potencial educativo e xa ninguén dubida da necesidade de integralas na vida cotiá das persoas, tanto no ámbito persoal como profesional.
23
«Para Foucault, a «disciplinarización dos saberes», é dicir, a reorganización que tivo lugar durante a Ilustración e que supuxo un múltiple e intenso debate en relación coa formación e o exercicio de determinados poderes, estivo íntimamente ligada, a partires do século XVIII, a modos de subxetivación específicos e á formación non só dos capitalistas senón tamén dos productores. Para iso foi necesaria a posta en marcha de tecnoloxías disciplinarias e a improvisación das «disciplinas» destinadas a conformar suxeitos dóciles e últiles á vez. Para Varela (1995), saberes disciplinarios e disciplinarización dos suxeitos son as dúas caras dun proceso que traballa en diagonal ó conxunto da organización escolar.»
23
En «Los pilares de la educación«, Juan Carlos Tedesco comentaba no ano 2003:
«Asistimos a fenómenos de individualismo a-social e de fundamentalismo autoritario que comparten unha característica común: a negación da dimensión política da sociedade»
30
Hoxe mesmo ven de publicarse no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Entre outras cousas, esta orde aumenta o horario lectivo do corpo de mestres de 21 a 25 horas semanais, principal elemento de indiganación do colectivo.
Vaia por diante que eu tamén me indigno polo ataque que a educación pública está sufrindo, pero este ataque nin é novo nin só afecta á educación. Na medida en que logremos unirnos para atinar co obxectivo poderemos facer diana e pasar de nivel, ou xogar coas desviadas escopetas de balíns das festas; entre tanto, a sociedade mira para nós (docentes) que só sabemos protestar por pasar de 21 a 25.
É preciso axustar os discursos e dirixir as protestas. Para o primeiro compre discutir, compartir e participar; só así se constrúe dircurso. Para o segundo compre entender: os sindicatos son estruturas viciadas que moi posiblemente necesiten da nosa intervención activa para o desenvolvemento eficaz das súas estratexias de dinamización. Un sindicato que non convoca ó seu colectivo a unha reunión aberta antes dunha movilización masiva, seguramente non confía na capacidade crítica do seu propio colectivo. Así, resúltalle moito máis doado situar unha diana de pega diante dos seus fuciños e calmar así as súas indignadas ansias.
A orde publicada xustifícase na regulación do deber de garda e custodia que o profesorado ten sobre o alumnado. Trátase dos tempos comprendidos por un lado entre a chegada dos alumnos ó centro e o comezo das clases, e por outro entre o remate das mesmas e e abandono do centro no transporte escolar. Ademáis nomea sen entrar en detalle a «experiencia acumulada» como segundo elemento de motivación para a implantación da normativa.
Técnicamente si antes un mestre impartía 21 horas de clase e permanecía 25 horas no centro, agora deberá impartir 25 para permanecer 30 pero ollo! estas 5 restantes poderemos cubrilas acompañando ós rapaces do autocar ó centro e viceversa. Así pois, en términos estrictamente horarios os profes que se atopen de garda estarán, no peor dos casos, 30 minutos máis no centro ó día. Ademáis, para aqueles profes que non poidan cubrir o total do horario lectivo no seu centro «poderán optar por completar a súa xornada lectiva noutro centro da localidade«.
Quedan, como xa ocorría antes, sete horas e media de non obrigada permanencia no centro ata completar as 37,5 horas totais da xornada laboral. Estas destinaranse «ao perfeccionamento e á formación, á preparación de actividades docentes e á atención doutras actividades inherentes á función docente«
Xa hai tempo que moitos profes veñen reclamando a necesidade de aumentar horas de permanencia nos centros educativos para a realización de actividades de coordinación entre profesorado. Lóxicamente, a interacción entre docentes é fundamental para lograr un acordo que defina, concrete e adapte a cada contexto o traballo no centro; o que os profes chamamos currículum. Ata agora en moitos centros estas actividades viñan realizándose con escaso éxito nesas catro horas ata as 25, en moitos outros (quero pensar que a maioría), organízanse actividades fóra do horario lectivo que fan cumprir claramente coas 30 horas de permanencia.
Os que defendemos esta iniciativa compartimos as actuais reivindicacións, pero asistimos abraiados ó seguemento que a convocatoria sindical está a ter, o que lóxicamente fai plantexarse algunha cuestión:
Parece inévitable sentarse a reflexionar e discutir, construir e axustar o discurso. A sociedade ve en nós un colectivo laboralmente privilexiado e esforzarnos en explicar o duro que é aguantar a 25 cativos durante 5 horas diarias non vai máis que a evidenciar un discurso pobre, baseado máis no victimismo incomprensible que na defensa dun dos bens colectivos máis preciados: o sistema educativo público.
É preciso escoitar á sociedade para non contribuir ó aumento da sensación de rexeitamento que cara o «público» estase conseguindo imprimir dende as políticas neoliberais máis agresivas. Comprender o complexo funcionamento das estruturas de poder levaranos a construir discursos onde determinados titulares como o publicado en El Pais onte nos fagan acender o ordenador e escribirlle a quen malamente decidíu a frase xa que é moi diferente dicir «aumento do horario do profesorado» a «aumento do horario lectivo». Vémolo tamén neste titular de El Correo Gallego: Miles de docentes rechazan en Santiago el aumento horario.
É polo tanto necesaria a pedagoxía.
Somos docentes e como educadores debemos protestar. É necesario coñecer e comprender a situación actual non só a nivel autonómico, senón tamén a nivel estatal e mundial.
O pasado 21 de Xuño o Fondo Monetario Internacional (FMI) publicou o seu informe sobre a evolución da economía española. Nel cita textualmente no seu punto 6º o seguinte: «esta cifra no recoge que la mitad de los gobiernos regionales no lograron sus objetivos y el gobierno central tuvo que compensarlas. (…) el principal riesgo para 2011 es que algunos gobiernos regionales puedan volver a incumplir sus objetivos. Esto debe ser evitado: el objetivo fiscal del gobierno general es crítico y sigue siendo el objetivo primordial; por lo tanto, todos los niveles de gobierno deben cumplir con sus compromisos.«
No gráfico vemos como na Comunidade Autónoma de Galicia os presupostos do 2011 asignados para Educación e Sanidade significan un 68,9% do total. Ademáis, si nos fixamos na variación co ano anterior, estas Consellerías foron as que menos recortes sufriron.
Si o FMI recomenda que son as comunidades autónomas ás que lle toca agora facer os deberes é de esperar que as directamente afectadas sexan educación e sanidade, no resto pouco se poderá rascar.
Resumindo: O FMI decide o que o goberno central debe facer si non quere ser intervido como Irlanda, Grecia ou Portugal. Como dixo un amigo meu, Zapatero cortouse a man esquerda reducíndolle un 5% (inicialmente) o salario ós empregados públicos. Paralelamente, o mesmo Goberno Central limita a a tasa de reposición de efectivos en educación a un 30%. Finalmente en Galicia, concrétase o inevitable recorte cunha estratexia errónea en nome da calidade do ensino, dos apoios a alumnos con necesidades específicas de apoio educativo e ó marxe, ou incluso beneficiando, a xa de por si degradada imaxe dos funcionarios no seu conxunto e do colectivo docente en particular.
A Consellería de Educación é culpable por non elixir o camiño correcto, pero tamén o Goberno Central e a Unión Europea. Detrás, o poder económico amparado por institucións como o BCE, o BM e o FMI. Un exemplo: Durao Barroso, presidente da Comisión Europea, acaba de propoñer crear unha tasa Tobin para financiar a Unión Europea. Esta podería supoñer o ingreso de ata un 40% do presuposto anual da comisión. A tasa, suxerida no 1971 polo Premio Nobel de Economía James Tobin, é defendida por institucións como a propia ONU, movementos como ATTAC ou personalidades como Ignacio Ramonet. As reacción non se fixeron esperar: Jean Trichet, presidente do BCE, xa criticou a medida e países como Alemania ou Reino Unido previsiblemente suporán o rexeitamento definitivo á creación deste tipo de impostos. A tasa Tobin suporía unha alternativa á financiación europea que non ataca directamente ás políticas sociais, ademáis de ser un elemento de contención das especulacións. Isto ocorre ó seguinte día do mencionado informe do FMI e cinco días despois do comezo das protestas do colectivo docente en Galicia, protestas 100% dirixidas á Consellería de Educación.
O movemento 15M é o claro exemplo da liña que o colectivo docente galego debe tomar para unha defensa efectiva do ensino público. Esta defensa debe recuperar a denigrada imaxe que a sociedade ten dos funcionarios e do propio profesorado. Debe recuperar a autoridade docente por medio da competencia profesional e a través da integración da familia na escola. Reunións periódicas, abertas, onde se respete a diferencia e se definan estratexias reivindicativas complementarias a actividades de achegamento entre o mundo escolar e a sociedade.
Nas nósas mans está a máis potente das ferramentas, a que é quen de transformar a sociedade. O camiño pasa por recuperar o que nunca debeu ocorrer: a desgraciada separación Sociedade <-> Escola.
Pablo Nimo Liboreiro
Bertamiráns, 30 de xuño de 2011

Blog Nimo Tic: Sociedade Rede e Educación by Pablo Nimo Liboreiro is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
Permissions beyond the scope of this license may be available at http://www.pablonimo.com/blog/licenza.