pic
Hoy, hablando con Chema Casanova ( @txenoo ) por el chat me pasó un enlace de descarga de un archivo de unos ... 180Mb. Todo normal, continuamos hablando, parloteos varios e interesantes, como siempre. En un determinado momento Chema me comenta que, como ya descargué el archivo, puede cerrar el navegador. Eso me sonó extraño, ¿cómo sabía él que ya había terminado la descarga? ¿a qué se refería con que ya podía cerrar el navegador? Lógicamente, le pregunté y ya me lo dijo: Filetea A raíz de ahí comencé a preguntarle sin cesar (perdona!;), vi que conversación era más una entr......
pic
Hola compañeros, Con motivo de la paulatina introducción de las TIC en las aulas se está incluyendo el apellido "digital" a conceptos que acostumbrábamos utilizar en el ámbito de nuestra vida profesional. Pero es suficiente con añadir "digital" a lo que ya veníamos haciendo? Las ideas, y no tanto las palabras, deben ser adaptadas para encontrar el sentido que, en una práctica educativa donde están presentes las TIC. Como en todos los cambios profundos como el que estamos viviendo, es necesario hacer un análisis mayor y cuestionarse determinados elementos que inicialmente resultan má......
pic
Boas compañeiros, Abro este fío de debate porque me gustaría analizar con vós determinadas mensaxes que dende as diferentes organizacións sindicais se envían á sociedade. Para iso vou expresar aquí a miña opinión sobre, por exemplo, o lema que servíu de cabeza de manifestación este venres 9 en Santiago e que versaba: "Non á modificación do horario do profesorado. Mantemento do acordo de 2007", ou por exemplo o titular que a maioría dos sindicatos emiten incluíndo case sempre o texto "incremento do horario", na maioría das veces enganden "lectivo" (que menos). A miña opinión:......
pic
La especificación de estandarización más importante, en lo que a construcción de recursos educativos se refiere, es la denominada SCORM (del inglés Sharable Content Object Reference Model). Se trata de un conjunto de normas técnicas diseñadas y sostenidas por ADL que pretende definir un formato técnico estándar de los paquetes educativos para satisfacer los siguientes requerimientos: Accesibilidad: Capacidad para acceder a los recursos a través de un navegador web. Adaptabilidad: Posibilidad de modificar los recursos en base a las necesidades educativas. Durabilidad: Capacidad de res......
pic
Introducir las TIC en la educación de los alumnos es mucho más que conectarse a Internet, son necesarias un conjunto de condiciones pedagógicas, económicas, políticas y culturales para que sean vistas como un medio y no como un fin en si mismas (Pérez Tapia 2006). Como medio son potentes instrumentos ambiguos, que tanto pueden utilizarse con los mejores fines como con los peores. Dependerá del propio uso que se haga de ellas que la contribución sea positiva ó negativa. De todas formas se plantean ciertas rupturas de límites tradicionalmente existentens y que ahora es necesario asumir......
Aug

01

A especificación de estandarización máis importante, no que a construción de recursos educativos se refire, é a denominada SCORM (do inglés Sharable Content Object Reference Model). Trátase dun conxunto de normas técnicas deseñadas e sostidas por ADL que pretende definir o formato técnico dos paquetes educativos para satisfacer os seguintes requirimentos:

  • Accesibilidade: Capacidade para acceder ós recursos a través dun navegador web.
  • Adaptabilidade: Posibilidade de modificar o recursos en base ás necesidades educativas
  • Durabilidade: Capacidade de resistir a evolución tecnolóxica sin perda das funcionalidades inicialmente deseñadas no recurso.
  • Interoperabilidade: Capacidade do recurso a ser manexado con diferentes ferramentas.
  • Reusabilidade: flexibilidade para poder utilizar os recursos en múltiples contextos e aplicacións.

Co fin de favorecer a creación de recursos para a formación en liña ADL colabora con outras organizacións que a día de hoxe están integradas na norma SCORM. O conxunto de especificacións resultantes agrúpase en tres temas principais:

  1. Modelo de agregación de contidos: Trátase de unha serie de etiquetas que acompañan ó propio recurso SCORM e que fan a relación a múltiples características do obxecto de aprendizaxe, nivel ó que vai destinado, área da que trata, tipo de recurso, etc. O conxunto de etiquetas deseñado internacionalmente denomínase LOM e a súa concreción en España LOM-ES.
  2. Entorno de execución: Son o conxunto de especificacións que fan posible a comunicación entre o paquete educativo e unha plataforma de xestión da aprendizaxe (LMS) como por exemplo é Moodle.
  3. Secuenciación e navegación: Descríbese, a través deste conxunto de especificacións técnicas, a orde na presentación dos contidos e o tipo de navegación. Neste apartado é onde radica a diferencia entre SCORM 1.2 e SCORM 2004, sendo menos problemática para a súa integración con Moodle a 1.2.

A complexidade do SCORM tal e como está definido o estándar ven pola dificultade na creación dos paquetes, xa que son necesarios coñecementos mínimos de programación tanto para o seu empaquetado, como para a súa modificación. Así, isto convértese nun atranco para que docentes poidan construír os seus recursos acolléndose ó estandar, ou para modificar recursos atopados na rede e modificalos. Para salvar este obstáculo a comunidade crea as denominadas “Ferramentas de Autor” que guían ó docente no proceso de creación do recurso. Unha vez elaborado pódese exportar en diferentes formatos entre o que se atopa o SCORM.

Para favorecer que o destinatario que recibe o recurso educativo ten posibilidade de modificalo e adaptalo ó seu modelo metodolóxico é necesario que dispoña do proxecto orixinal que ven a ser o arquivo orixinal sen empaquetar da propia ferramenta de autor. As ferramentas de autor máis coñecidos e utilizadas son:

É curioso comprobar como un estandar técnico destinado á creación de recursos educativos non inclúe nas súas especificacións elementos que faciliten a creación e modificación dos mesmos recursos por usuarios sen coñecementos técnicos importantes como son o propio colectivo de docentes.

Creative Commons License

VN:F [1.9.10_1130]
Rating: 9.0/10 (1 vote cast)
VN:F [1.9.10_1130]
Rating: 0 (from 0 votes)

Search

Info

Categories

  • Economía (5)
  • Educación (12)
  • Notas (2)
  • Política (5)
  • slide (13)
  • Software Libre (1)
  • TIC (2)
  • VideoBlog (1)
  • CC Creative Commons 2012 - Pablo Nimo – Educación e TIC | Plantilla deseñada por AppChain.com