pic
Hoy, hablando con Chema Casanova ( @txenoo ) por el chat me pasó un enlace de descarga de un archivo de unos ... 180Mb. Todo normal, continuamos hablando, parloteos varios e interesantes, como siempre. En un determinado momento Chema me comenta que, como ya descargué el archivo, puede cerrar el navegador. Eso me sonó extraño, ¿cómo sabía él que ya había terminado la descarga? ¿a qué se refería con que ya podía cerrar el navegador? Lógicamente, le pregunté y ya me lo dijo: Filetea A raíz de ahí comencé a preguntarle sin cesar (perdona!;), vi que conversación era más una entr......
pic
Hola compañeros, Con motivo de la paulatina introducción de las TIC en las aulas se está incluyendo el apellido "digital" a conceptos que acostumbrábamos utilizar en el ámbito de nuestra vida profesional. Pero es suficiente con añadir "digital" a lo que ya veníamos haciendo? Las ideas, y no tanto las palabras, deben ser adaptadas para encontrar el sentido que, en una práctica educativa donde están presentes las TIC. Como en todos los cambios profundos como el que estamos viviendo, es necesario hacer un análisis mayor y cuestionarse determinados elementos que inicialmente resultan má......
pic
Boas compañeiros, Abro este fío de debate porque me gustaría analizar con vós determinadas mensaxes que dende as diferentes organizacións sindicais se envían á sociedade. Para iso vou expresar aquí a miña opinión sobre, por exemplo, o lema que servíu de cabeza de manifestación este venres 9 en Santiago e que versaba: "Non á modificación do horario do profesorado. Mantemento do acordo de 2007", ou por exemplo o titular que a maioría dos sindicatos emiten incluíndo case sempre o texto "incremento do horario", na maioría das veces enganden "lectivo" (que menos). A miña opinión:......
pic
La especificación de estandarización más importante, en lo que a construcción de recursos educativos se refiere, es la denominada SCORM (del inglés Sharable Content Object Reference Model). Se trata de un conjunto de normas técnicas diseñadas y sostenidas por ADL que pretende definir un formato técnico estándar de los paquetes educativos para satisfacer los siguientes requerimientos: Accesibilidad: Capacidad para acceder a los recursos a través de un navegador web. Adaptabilidad: Posibilidad de modificar los recursos en base a las necesidades educativas. Durabilidad: Capacidad de res......
pic
Introducir las TIC en la educación de los alumnos es mucho más que conectarse a Internet, son necesarias un conjunto de condiciones pedagógicas, económicas, políticas y culturales para que sean vistas como un medio y no como un fin en si mismas (Pérez Tapia 2006). Como medio son potentes instrumentos ambiguos, que tanto pueden utilizarse con los mejores fines como con los peores. Dependerá del propio uso que se haga de ellas que la contribución sea positiva ó negativa. De todas formas se plantean ciertas rupturas de límites tradicionalmente existentens y que ahora es necesario asumir......
Aug

01

A especificación de estandarización máis importante, no que a construción de recursos educativos se refire, é a denominada SCORM (do inglés Sharable Content Object Reference Model). Trátase dun conxunto de normas técnicas deseñadas e sostidas por ADL que pretende definir o formato técnico dos paquetes educativos para satisfacer os seguintes requirimentos:

  • Accesibilidade: Capacidade para acceder ós recursos a través dun navegador web.
  • Adaptabilidade: Posibilidade de modificar o recursos en base ás necesidades educativas
  • Durabilidade: Capacidade de resistir a evolución tecnolóxica sin perda das funcionalidades inicialmente deseñadas no recurso.
  • Interoperabilidade: Capacidade do recurso a ser manexado con diferentes ferramentas.
  • Reusabilidade: flexibilidade para poder utilizar os recursos en múltiples contextos e aplicacións.

Co fin de favorecer a creación de recursos para a formación en liña ADL colabora con outras organizacións que a día de hoxe están integradas na norma SCORM. O conxunto de especificacións resultantes agrúpase en tres temas principais:

  1. Modelo de agregación de contidos: Trátase de unha serie de etiquetas que acompañan ó propio recurso SCORM e que fan a relación a múltiples características do obxecto de aprendizaxe, nivel ó que vai destinado, área da que trata, tipo de recurso, etc. O conxunto de etiquetas deseñado internacionalmente denomínase LOM e a súa concreción en España LOM-ES.
  2. Entorno de execución: Son o conxunto de especificacións que fan posible a comunicación entre o paquete educativo e unha plataforma de xestión da aprendizaxe (LMS) como por exemplo é Moodle.
  3. Secuenciación e navegación: Descríbese, a través deste conxunto de especificacións técnicas, a orde na presentación dos contidos e o tipo de navegación. Neste apartado é onde radica a diferencia entre SCORM 1.2 e SCORM 2004, sendo menos problemática para a súa integración con Moodle a 1.2.

A complexidade do SCORM tal e como está definido o estándar ven pola dificultade na creación dos paquetes, xa que son necesarios coñecementos mínimos de programación tanto para o seu empaquetado, como para a súa modificación. Así, isto convértese nun atranco para que docentes poidan construír os seus recursos acolléndose ó estandar, ou para modificar recursos atopados na rede e modificalos. Para salvar este obstáculo a comunidade crea as denominadas “Ferramentas de Autor” que guían ó docente no proceso de creación do recurso. Unha vez elaborado pódese exportar en diferentes formatos entre o que se atopa o SCORM.

Para favorecer que o destinatario que recibe o recurso educativo ten posibilidade de modificalo e adaptalo ó seu modelo metodolóxico é necesario que dispoña do proxecto orixinal que ven a ser o arquivo orixinal sen empaquetar da propia ferramenta de autor. As ferramentas de autor máis coñecidos e utilizadas son:

É curioso comprobar como un estandar técnico destinado á creación de recursos educativos non inclúe nas súas especificacións elementos que faciliten a creación e modificación dos mesmos recursos por usuarios sen coñecementos técnicos importantes como son o propio colectivo de docentes.

Creative Commons License

VN:F [1.9.10_1130]
Rating: 9.0/10 (1 vote cast)
VN:F [1.9.10_1130]
Rating: 0 (from 0 votes)
A complexidade do SCORM para un docente., 9.0 out of 10 based on 1 rating
Comparte e participa!:
  • Print
  • email
  • RSS
  • PDF
  • Twitter
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • BarraPunto
  • FriendFeed
  • LinkedIn
  • Meneame
  • MisterWong
  • MySpace
  • Yahoo! Bookmarks




Non se atoparon artigos relacionados.

6 Responses

You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed.

You can leave a response, or trackback from your own site.

  1. Brenlla di:

    He estado buscando, junto a un grupo de colaboradores, ‘esa’ herramienta idónea para generar SCORM 2004 e incluirlo en Moodle. Parece que la elegida será Xerte, código abierto:
    http://www.nottingham.ac.uk/xerte/
    Tiene versión tipo aplicación estática curiosamente sólo para sistemas privativos y, el que hemos probado, una versión web para entornos LAMP que propicia la colaboración.

    VA:F [1.9.10_1130]
    Rating: 0.0/5 (0 votes cast)
    VA:F [1.9.10_1130]
    Rating: 0 (from 0 votes)
    • pablonimo di:

      Ok! moitas gracias Roberto! Probáchedes as funcións indicadas na incidencia http://tracker.moodle.org/browse/MDL-7068? Nós tivemos que relizar unhas especificacións corporativas sobre a versión de SCORM que aceptabamos para integrar os materiais nos Moodle dos centros. Decidimos recomendar a 1.2 porque non ten incidencias asociadas. Ata onde chegamos cando realizamos o estudo é que para resolver o problema da integración de SCORM 2004 Moodle recomendaba unha opción privativa na nube e como Webs Dinámcias é 100% Software Libre! recomendamos a 1.2. con posibilidade de que fora a 2004 sempre que estivera garantido o funcionamento nun Moodle 1.8.5 e superiores.
      Apunto a aplicación para estudala ;)

      VN:F [1.9.10_1130]
      Rating: 0.0/5 (0 votes cast)
      VN:F [1.9.10_1130]
      Rating: 0 (from 0 votes)
  2. dorfun di:

    Quixera abrir un pequeno debate (e igual este non é o sitio) sobre os obxectos de aprendizaxe e as plataformas de ensino en rede.
    Por unha banda penso que hai unha inclinación cara o uso de SCORM que en moitas ocasións non é necesaria. De non ser obligatorio eu son partidario, por exemplo, de usar IMS cando non se precisan crear actividades avaliables e separar así os contidos/recursos da súa avaliación.
    E pola outra tamén creo que hai unha excesiva dependencia de Moodle, que sen lle querer quitar a súa importancia, oculta alternativas bastante decentes como efront que son compatibles, de ser preciso, con SCORM 2004 ou Chamilo que está avanzando moito nos últimos meses.
    Como comentario final, existe unha alternativa «manual» para converter SCORM 1.2 a 2004 mediante a ferramenta libscorm.

    VA:F [1.9.10_1130]
    Rating: 0.0/5 (0 votes cast)
    VA:F [1.9.10_1130]
    Rating: 0 (from 0 votes)
  3. pablonimo di:

    Boas dorfun, polo que eu teño entendido as especificacións IMS están recollidas no estándar SCORM. En relación á avaliación é preciso definir que esta non ten que ser necesariamente sumativa por parte do docente, senón que pode tratarse de autoavaliación por parte do alumno que se cadra é máis importante que a primeira. Outra das ventaxas que ten o SCORM sobre o IMS é a posibilidade de que a plataforma recorde en que parte do paquete o alumno deixou a actividade, coa finalidade de que el mesmo poida retomala en outro momento. De tódolos xeitos supoño que para gustos cores, e está claro que nos une máis do que nos separa.
    Finalmente e para rematar, persoalmente aposto firmemente por Moodle xa que é o LMS máis completo e estable soportado pola comunidade (GPL). Polo que estiven a ver, efront (OpenSource) está soportado por unha empresa que comercializa con dúas versións máis de tipo comercial. A nivel de durabilidade considero que o valor que a comunidade lle da a Moodle é moi superior que o que unha única empresa lle poda ofrecer a efront. Moitas gracias polo teu comentario compañeiro.

    VN:F [1.9.10_1130]
    Rating: 0.0/5 (0 votes cast)
    VN:F [1.9.10_1130]
    Rating: 0 (from 0 votes)
  4. carpaga di:

    Ola Pablo, eXeLEarning e a ferramenta escollida polo Ministerio de Educación para fomentar o uso do SCORM. Seguro que xa estás o tanto da nova versión que sacaron fai pouco.

    Eu daríame cun ‘canto nos dentes’ se os docentes montaran os seus materiais cun eXe e exportaran a SCORM, para poder empregalo no Moodle, sería una gran paso para a comunidade e para o cambio de paradigma docente. Logo, se alguén quere comenzar a programar, hai tempo que lin sobre a ferramenta Trident pero era de pago.

    Seguro que xa os coñeces pero deixote un par de enlaces :

    Video : desmitificando SCORM http://vodpod.com/watch/5960273-scorm-demystified?u=carpaga&c=e-coleccion

    Repositorio de obxectos de aprendizaxe : http://www.proxectodesire.eu

    VA:F [1.9.10_1130]
    Rating: 0.0/5 (0 votes cast)
    VA:F [1.9.10_1130]
    Rating: 0 (from 0 votes)
    • pablonimo di:

      Totalmente de acordo contigo, por iso a idea de un módulo de Drupal que cubra determinadas etiquetas LOM no proceso de subida de obxectos de aprendizaxe a un repositorio, como tendes no Proxecto Desire de FOREM pareceume brillante! Trátase de atopar o equilibrio…

      VN:F [1.9.10_1130]
      Rating: 0.0/5 (0 votes cast)
      VN:F [1.9.10_1130]
      Rating: 0 (from 0 votes)

Leave a Reply

*

Search

Categories

  • Economía (5)
  • Educación (12)
  • Notas (2)
  • Política (5)
  • slide (13)
  • Software Libre (1)
  • TIC (2)
  • VideoBlog (1)
  • CC Creative Commons 2012 - Pablo Nimo – Educación e TIC | Plantilla deseñada por AppChain.com