CeDeC: Guía para a creación de materiais educativos interactivos – Galego

Fai xa un ano e medio (como pasa o tempo!) falaba neste blog sobre a necesidade de compartir os nosos materiais educativos coas súas fontes abertas. Tentamos acadar así dous obxectivos, (1) fortalecer a cadea de colaboración que nos permitirá aos docentes acceder a mais materiais e de maior calidade e (2) adaptarnos aos novos modelos de construción de contido en internet.

En aquel momento referíame como exemplo a un proxecto desenvolto polo Centro Nacional de Desenvolvemento Curricular en Sistemas non Propietarios (CeDeC) denominado “Itinerarios curriculares ligados por tareas”. Nel desenvolveron, ademais dos materiais que eran obxecto do propio proxecto, unha “Guía para la creación de materiales educativos interactivos” que me fascinou. Esta guía contén un conxunto de especificacións para a creación de contido educativo dixital das que podería resaltar as seguintes: o uso de ferramentas de software libre para a creación/transformación do contido, unha metodoloxía baseada en tarefas interdisciplinares que enmarca a guía nunha óptica construtivista dos procesos de ensino/aprendizaxe e consideracións fundamentais para a edición de contido. Ademais, xoga con toda unha serie de recomendacións que favorecen a empatía cos alumnos para a mellora no deseño dos materiais, como por exemplo pode ser o uso de ideas forza, ou recomendacións para a integración de material audiovisual.

Como non podía ser de outro xeito, Antonio e Miguel decidiron publicala baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual polo que sempre me pareceu boa idea traducila ao galego para facela máis accesible ao noso profesorado.

A guía está adaptada ao seu propio proxecto polo que posúe elementos concretos deste. O que me gustaría sería transformala para convertela nun conxunto de recomendacións xerais e integrala na “Metodoloxía Copyleft en Educación“. De momento publicámola “tal cual” traducida ao galego.

A guía está feita con eXeLearning e traducina coa axuda do meu amigo Félix Díaz seguindo o Tutorial sobre tradución de contidos eXe mediante XLIFF elaborado polo compañeiro José Miguel Andonegi.

Moitas grazas Antonio, Miguel, Félix e José Miguel!

guia_cedec

Podedes consultala aquí ou descargalos arquivos fonte para a súa modificación.

Como sempre, vostede é libre de compartir, copiar, distribuír, comunicar a obra, facer obras derivadas e facer un uso comercial desta obra baixo as condicións de atribución (Licenza: CC-BY)

VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 7.0/10 (1 vote cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0 (from 0 votes)
CeDeC: Guía para a creación de materiais educativos interactivos - Galego, 7.0 out of 10 based on 1 rating
Be Sociable, Share!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>