




17
Boas compañeiros,
Abro este fío de debate porque me gustaría analizar con vós determinadas mensaxes que dende as diferentes organizacións sindicais se envían á sociedade. Para iso vou expresar aquí a miña opinión sobre, por exemplo, o lema que servíu de cabeza de manifestación este venres 9 en Santiago e que versaba: «Non á modificación do horario do profesorado. Mantemento do acordo de 2007″, ou por exemplo o titular que a maioría dos sindicatos emiten incluíndo case sempre o texto «incremento do horario», na maioría das veces enganden «lectivo» (que menos).
A miña opinión:
A cabeza de cartel da manifestación é tremendamente errónea, e como non quero ser excesivamente imaxinativo, non vou pensar que estivera manipulada por, precisamente, aqueles que están a materializar os recortes en educación.
O desprestixo social que están a sufrir os funcionarios no seu conxunto parte do cuestionamento dun sistema onde se considera que o tamaño da Administración Pública (onde se inclúe ós seus traballadores) é excesivo, polo tanto é preciso reducilo.
A actual campaña en contra do ensino público enmárcase claramente nesta estratexia. Para iso, cada comunidade autónoma lanza determinados globos-sonda, pero á vista está que comparten unha unha estratexia común. Están, por así dicilo, facendo investigación ó tempo que avanzan en aceleración progresiva cara os seus obxectivos.
Unha das ferramentas máis valiosas que ten esta estratexia é o desprestixio social do funcionario. O valor desta ferramenta non se basea nunha complicidade de emocións compartidas, senón na máis absoluta manipulación de un gran conxunto da poboación hoxe oprimida polo medo a perder o emprego, e pola necesidade de pagar a hipoteca (emprego e vivenda, buf!). Así pois, as mensaxes que se lanzan á sociedade están cargadas de, como diriamos os docentes, «currículum oculto».
Volvendo ó lema de cabeza de cartel «Non á modificación do horario do profesorado», este fai mención directa ó «horario dos profesores», precisamente unha das bazas principais coas que xogan os poderes dominantes nesta campaña de desprestixio, e por si fora pouco, nin se inclúe a palabra «lectivo». Isto aviva claramente a confusión social que existe entre horario lectivo, horario de permanencia, horario de coordinacións e xornada laboral. E, no caso de aqueles que non precisan unha explicación ó respecto das diferencias, cuestionaranse si realmente inflúe tanto dúas horas lectivas máis (seguramente moitos de nós xa estivemos estes días a discutir con familiares e amigos). Ó final, a discusión en vez de ser unha discusión conxunta sobre o desmantelamento dos servizos públicos (e en definitiva de perda de dereitos sociais de todos), convértese, unha vez máis, en si os profesores traballamos moito ou pouco (un sin sentido).
Sabendo isto, porque os sindicatos non elixiron un cartaz do tipo «Non á redución das titorías, as coordinacións e a planificación»? En realidade é o mesmo, o noso horario componse en diferentes proporcións de diferentes aspectos, e si suben uns terán que baixar os outros, por que elixir a opción máis sinxela de manipular?? No caso de que consideremos que é un cartaz demasiado complexo ben podemos, aproveitando o actual debate, compartir coa cidadanía o seu significado contribuíndo así á dignificación dos docentes públicos que tanto estamos a buscar.
A defensa dos nosos dereitos ten diferentes dimensións, ó meu modo de ver:
Eu téñoo claro, concretar TODAS as nosas forzas en iniciativas excesivamente definidas, como a actual modificación do horario lectivo, é favorecer a estratexia da manipulación. E moito máis o é elixir un cartaz que diga «Non á modificación do horario do profesorado». Un amigo meu diría: – Somos corzos, ou que?
Defendo o papel dos sindicatos como elemento de sistema pero non a súa actual actuación de conxunto. Nesta crítica inclúo ós propios traballadores que moitas veces non contribuimos o que deberamos na definición das iniciativas pero, para min, hoxe falta unha convocatoria REGULAR de asambleas onde poidamos expresarnos, sin necesidade de ter que acudir a reunións totalmente dirixidas.
Saúdos.
(Este texto é unha copia dun tema de foro que abrín no foro do Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia que se pode ver en: http://foro.stegsindicato.org/viewtopic.php?t=11372)
30
Hoxe mesmo ven de publicarse no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Entre outras cousas, esta orde aumenta o horario lectivo do corpo de mestres de 21 a 25 horas semanais, principal elemento de indiganación do colectivo.
Vaia por diante que eu tamén me indigno polo ataque que a educación pública está sufrindo, pero este ataque nin é novo nin só afecta á educación. Na medida en que logremos unirnos para atinar co obxectivo poderemos facer diana e pasar de nivel, ou xogar coas desviadas escopetas de balíns das festas; entre tanto, a sociedade mira para nós (docentes) que só sabemos protestar por pasar de 21 a 25.
É preciso axustar os discursos e dirixir as protestas. Para o primeiro compre discutir, compartir e participar; só así se constrúe dircurso. Para o segundo compre entender: os sindicatos son estruturas viciadas que moi posiblemente necesiten da nosa intervención activa para o desenvolvemento eficaz das súas estratexias de dinamización. Un sindicato que non convoca ó seu colectivo a unha reunión aberta antes dunha movilización masiva, seguramente non confía na capacidade crítica do seu propio colectivo. Así, resúltalle moito máis doado situar unha diana de pega diante dos seus fuciños e calmar así as súas indignadas ansias.
A orde publicada xustifícase na regulación do deber de garda e custodia que o profesorado ten sobre o alumnado. Trátase dos tempos comprendidos por un lado entre a chegada dos alumnos ó centro e o comezo das clases, e por outro entre o remate das mesmas e e abandono do centro no transporte escolar. Ademáis nomea sen entrar en detalle a «experiencia acumulada» como segundo elemento de motivación para a implantación da normativa.
Técnicamente si antes un mestre impartía 21 horas de clase e permanecía 25 horas no centro, agora deberá impartir 25 para permanecer 30 pero ollo! estas 5 restantes poderemos cubrilas acompañando ós rapaces do autocar ó centro e viceversa. Así pois, en términos estrictamente horarios os profes que se atopen de garda estarán, no peor dos casos, 30 minutos máis no centro ó día. Ademáis, para aqueles profes que non poidan cubrir o total do horario lectivo no seu centro «poderán optar por completar a súa xornada lectiva noutro centro da localidade«.
Quedan, como xa ocorría antes, sete horas e media de non obrigada permanencia no centro ata completar as 37,5 horas totais da xornada laboral. Estas destinaranse «ao perfeccionamento e á formación, á preparación de actividades docentes e á atención doutras actividades inherentes á función docente«
Xa hai tempo que moitos profes veñen reclamando a necesidade de aumentar horas de permanencia nos centros educativos para a realización de actividades de coordinación entre profesorado. Lóxicamente, a interacción entre docentes é fundamental para lograr un acordo que defina, concrete e adapte a cada contexto o traballo no centro; o que os profes chamamos currículum. Ata agora en moitos centros estas actividades viñan realizándose con escaso éxito nesas catro horas ata as 25, en moitos outros (quero pensar que a maioría), organízanse actividades fóra do horario lectivo que fan cumprir claramente coas 30 horas de permanencia.
Os que defendemos esta iniciativa compartimos as actuais reivindicacións, pero asistimos abraiados ó seguemento que a convocatoria sindical está a ter, o que lóxicamente fai plantexarse algunha cuestión:
Parece inévitable sentarse a reflexionar e discutir, construir e axustar o discurso. A sociedade ve en nós un colectivo laboralmente privilexiado e esforzarnos en explicar o duro que é aguantar a 25 cativos durante 5 horas diarias non vai máis que a evidenciar un discurso pobre, baseado máis no victimismo incomprensible que na defensa dun dos bens colectivos máis preciados: o sistema educativo público.
É preciso escoitar á sociedade para non contribuir ó aumento da sensación de rexeitamento que cara o «público» estase conseguindo imprimir dende as políticas neoliberais máis agresivas. Comprender o complexo funcionamento das estruturas de poder levaranos a construir discursos onde determinados titulares como o publicado en El Pais onte nos fagan acender o ordenador e escribirlle a quen malamente decidíu a frase xa que é moi diferente dicir «aumento do horario do profesorado» a «aumento do horario lectivo». Vémolo tamén neste titular de El Correo Gallego: Miles de docentes rechazan en Santiago el aumento horario.
É polo tanto necesaria a pedagoxía.
Somos docentes e como educadores debemos protestar. É necesario coñecer e comprender a situación actual non só a nivel autonómico, senón tamén a nivel estatal e mundial.
O pasado 21 de Xuño o Fondo Monetario Internacional (FMI) publicou o seu informe sobre a evolución da economía española. Nel cita textualmente no seu punto 6º o seguinte: «esta cifra no recoge que la mitad de los gobiernos regionales no lograron sus objetivos y el gobierno central tuvo que compensarlas. (…) el principal riesgo para 2011 es que algunos gobiernos regionales puedan volver a incumplir sus objetivos. Esto debe ser evitado: el objetivo fiscal del gobierno general es crítico y sigue siendo el objetivo primordial; por lo tanto, todos los niveles de gobierno deben cumplir con sus compromisos.«
No gráfico vemos como na Comunidade Autónoma de Galicia os presupostos do 2011 asignados para Educación e Sanidade significan un 68,9% do total. Ademáis, si nos fixamos na variación co ano anterior, estas Consellerías foron as que menos recortes sufriron.
Si o FMI recomenda que son as comunidades autónomas ás que lle toca agora facer os deberes é de esperar que as directamente afectadas sexan educación e sanidade, no resto pouco se poderá rascar.
Resumindo: O FMI decide o que o goberno central debe facer si non quere ser intervido como Irlanda, Grecia ou Portugal. Como dixo un amigo meu, Zapatero cortouse a man esquerda reducíndolle un 5% (inicialmente) o salario ós empregados públicos. Paralelamente, o mesmo Goberno Central limita a a tasa de reposición de efectivos en educación a un 30%. Finalmente en Galicia, concrétase o inevitable recorte cunha estratexia errónea en nome da calidade do ensino, dos apoios a alumnos con necesidades específicas de apoio educativo e ó marxe, ou incluso beneficiando, a xa de por si degradada imaxe dos funcionarios no seu conxunto e do colectivo docente en particular.
A Consellería de Educación é culpable por non elixir o camiño correcto, pero tamén o Goberno Central e a Unión Europea. Detrás, o poder económico amparado por institucións como o BCE, o BM e o FMI. Un exemplo: Durao Barroso, presidente da Comisión Europea, acaba de propoñer crear unha tasa Tobin para financiar a Unión Europea. Esta podería supoñer o ingreso de ata un 40% do presuposto anual da comisión. A tasa, suxerida no 1971 polo Premio Nobel de Economía James Tobin, é defendida por institucións como a propia ONU, movementos como ATTAC ou personalidades como Ignacio Ramonet. As reacción non se fixeron esperar: Jean Trichet, presidente do BCE, xa criticou a medida e países como Alemania ou Reino Unido previsiblemente suporán o rexeitamento definitivo á creación deste tipo de impostos. A tasa Tobin suporía unha alternativa á financiación europea que non ataca directamente ás políticas sociais, ademáis de ser un elemento de contención das especulacións. Isto ocorre ó seguinte día do mencionado informe do FMI e cinco días despois do comezo das protestas do colectivo docente en Galicia, protestas 100% dirixidas á Consellería de Educación.
O movemento 15M é o claro exemplo da liña que o colectivo docente galego debe tomar para unha defensa efectiva do ensino público. Esta defensa debe recuperar a denigrada imaxe que a sociedade ten dos funcionarios e do propio profesorado. Debe recuperar a autoridade docente por medio da competencia profesional e a través da integración da familia na escola. Reunións periódicas, abertas, onde se respete a diferencia e se definan estratexias reivindicativas complementarias a actividades de achegamento entre o mundo escolar e a sociedade.
Nas nósas mans está a máis potente das ferramentas, a que é quen de transformar a sociedade. O camiño pasa por recuperar o que nunca debeu ocorrer: a desgraciada separación Sociedade <-> Escola.
Pablo Nimo Liboreiro
Bertamiráns, 30 de xuño de 2011

Blog Nimo Tic: Sociedade Rede e Educación by Pablo Nimo Liboreiro is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
Permissions beyond the scope of this license may be available at http://www.pablonimo.com/blog/licenza.
04
«A esperanza constitúese na necesidade de imaxinar un mundo alternativo e imaxinalo de tal xeito que un se capacite para actuar no presente como se a alternativa xa comezara a emerxer»
(Simon, 1992, 4)
Estamos en crise e isto é unha realidade que ninguén pon en dúbida. A cuestión é: Por que estamos en crise agora e non hai cinco anos en pleno «boom» inmobiliario? A resposta é sinxela, pensamos en termos económicos.
Que pasaría se unha persoa pensara en termos educativos?, Debera un docente pensar en estes termos? Imaxinemos por un momento a seguinte realidade:
«Ata a implantación da LOXSE, os valores e crenzas do profesorado e alumnado debían quedar ó marxe do currículo. Embargantes, un cambio das dimensións que nun principio propoñía a LOXSE, implicaba unha verdadeira transformación en tódalas ordes da vida escolar, pero diversos condicionamento e a presión dunha cultura tecnocrática con valores implícitos de competitividade, individualismo, sexismo… deixaron a Reforma nunha modificación de termos, metodoloxías e enfoques, sen verdadeiramente transformar o sistema educativo baixo o criterio xeral da explicitación de valores e do conflito que conleva, para propoñer unha cultura escolar que tivera como eixo fundamental a humanización do individuo» (Bosch Caballero)

Dende cando estamos en crise? Entre tanto non deixemos de dar por bo que «estar en crise» é igual que «estar en crise económica» continuaremos xustificando o poder dos cartos, a competitividade, o individualismo, e en definitiva a desigualdade.
O sistema educativa fai tempo que está en crise, de feito este estado é inherente ó feito educativo. De tódolos xeitos é preciso recoñecela para estar en «disposición de actuar». Exactamente igual que necesitamos que os nosos alumnos estén en «disposición para aprender».
«A esperanza constitúese na necesidade de imaxinar un mundo alternativo e imaxinalo de tal xeito que un se capacite para actuar no presente como se a alternativa xa comezara a emerxer»
(Simon, 1992, 4)
Saludos,
4 de Noviembre de 2010
24
por Pablo Nimo 2009
Revisando estes días o interesante blog de Juanjo Muñoz atopeime coa entrada Desvergüenza en y de la escuela concertada na que acompañaba un interesante vídeo. Recordoume o visto a unha situación ocorrida este mesmo setembro nun centro concertado de A Coruña, este centro presumía ter capacidade de decisión sobre a matrícula. Nunca supen si o colexio non coñecía a normativa que o regulaba ou directamente estaba a malversar fondos públicos de xeito consciente.
Fixen o propio e compartín a información del blog de Juanjo cos meu amigos en Facebook e rápidamente obtiven un comentario onde me solicitaban a nomativa na que me baseaba xa que «o que non quixera estudar relixión podía optar por non ir a un centro católico». Tamén estaban interesados na normativa sobre a desgravación fiscal para aqueles que escolarizan ós seus fillos en centros privados, polo aforro que supón á Administración o «non uso» da educación pública.
Deixo aquí constancia que só me refiro ós concertados, aqueles que ofrecen ensinanzas declaradas gratuitas. Un centro concertado con un ideario católico está na obriga legal, para min tamén moral, de admitir a un alumno que non queira cursar relixión.
Aínda que quedaría moito mellor unha crítica reflexiva analizando o comportamento deses centros concertados que obrigan contra a lei a escolarizar ós alumnos en relixión, ou que impoñen tamén ilegalmente cuotas mensuais ós pais dos seus alumnos, para simplificar o tema só vou recoller a normativa relacionada coa cuestión.
Título IV – De los centros concertados
(…)
Artículo cincuenta y dos
1. Los centros concertados tendrán derecho a definir su carácter propio de acuerdo con la establecido en el artículo 22 de esta Ley.
2. En todo caso, la enseñanza deberá ser impartida con pleno respeto a la libertad de conciencia.
3. Toda práctica confesional tendrá carácter voluntario.
Artículo 1.
El derecho a la educación básica obligatoria y gratuita, cuya garantía corresponde a los poderes públicos mediante la programación general de la enseñanza, podrá hacerse efectivo en centros
privados mediante el régimen de conciertos que, de acuerdo con lo previsto en la Ley Orgánica del derecho a la educación, se regula en el presente Reglamento.
(…)
Artículo 14
1. El concierto educativo obliga al titular del centro privado a impartir gratuitamente las enseñanzas del concierto de acuerdo con los correspondientes programas y planes de estudio y con sujeción a las normas de ordenación académica en vigor.
2. Por la impartición de las enseñanzas del nivel educativo objeto del concierto no se podrá percibir concepto alguno que, directa o indirectamente, suponga una contrapartida económica por tal actividad.
3. Por el concierto educativo el titular del centro se obliga al cumplimiento de las normas establecidas en el Título IV de la Ley Orgánica 8/1985, de 3 de julio, y en los correspondientes reglamentos de aplicación de la misma.
Artículo 15.
1. Las actividades escolares complementarias y de servicios de los centros concertados serán voluntarias, no tendrán carácter discriminatorio para los alumnos, no podrán formar parte del horario lectivo y carecerán de carácter lucrativo.
CAPÍTULO III
Escolarización en centros públicos y privados concertados
(…)
Artículo 84.3
En ningún caso habrá discriminación por razón de nacimiento, raza, sexo, religión, opinión o cualquier otra condición o circunstancia personal o social.
(…)
Artículo 88. Garantías de gratuidad.
1.Para garantizar la posibilidad de escolarizar a todos los alumnos sin discriminación por motivos socioeconómicos, en ningún caso podrán los centros públicos o privados concertados percibir cantidades de las familias por recibir las enseñanzas de carácter gratuito, imponer a las familias la obligación de hacer aportaciones a fundaciones o asociaciones ni establecer servicios obligatorios, asociados a las enseñanzas, que requieran aportación económica, por parte de las familias de los alumnos. En el marco de lo dispuesto en el artículo 51 de la Ley Orgánica 8/1985, de 3 de julio, reguladora del Derecho a la Educación, quedan excluidas de esta categoría las actividades extraescolares, las complementarias, y los servicios escolares, que, en todo caso, tendrán carácter voluntario.
(…)
Disposición adicional segunda. Enseñanza de la religión.
1. La enseñanza de la religión católica se ajustará a lo establecido en el Acuerdo sobre Enseñanza y Asuntos Culturales suscrito entre la Santa Sede y el Estado español. A tal fin, y de conformidad con lo que disponga dicho acuerdo, se incluirá la religión católica como área o materia en los niveles educativos que corresponda, que será de oferta obligatoria para los centros y de carácter voluntario para los alumnos.
Imaxe: El bueno de Cuttlas
10
Reflexión: Castells, M. (2001): Internet y la Sociedad Red
http://www.uoc.es/web/cat/articles/castells/castellsmain8.html
por Pablo Nimo, 2009
Debo comezar a miña reflexión ou resumo sinalando unha cuestión que empapa as miñas análises dos diferentes artigos cando estamos a falar da Sociedade da Información. Unha das súas características é a propia fugacidade da información xa que as propias ferramentas tecnolóxicas, e por tanto parte das ferramentas utilizadas para o tratamento da información, están en constante e brutal cambio. Quere dicir isto que serei escéptico con todo aquel artigo que analice na medida en que pode quedar obsoleto en pouco tempo? Pois non, xa que tal e como podemos observar neste artigo de Castells, hai cuestións que poden ser discutibles, pero aínda pasando oito anos o fundamental, o profundo, a ensinanza do artigo perdura.
Por sinalar un pouco da estructura do artigo, Castells divide a súa conferencia en dous grandes bloques de contido, o primeiro que fala da propia estructura da internet, e un segundo bloque onde centra o tema en como Internet modifica as relacións sociais e os diferentes factores que aquí se poden analizar.