




10
Reflexión: Castells, M. (2001): Internet y la Sociedad Red
http://www.uoc.es/web/cat/articles/castells/castellsmain8.html
por Pablo Nimo, 2009
Debo comezar a miña reflexión ou resumo sinalando unha cuestión que empapa as miñas análises dos diferentes artigos cando estamos a falar da Sociedade da Información. Unha das súas características é a propia fugacidade da información xa que as propias ferramentas tecnolóxicas, e por tanto parte das ferramentas utilizadas para o tratamento da información, están en constante e brutal cambio. Quere dicir isto que serei escéptico con todo aquel artigo que analice na medida en que pode quedar obsoleto en pouco tempo? Pois non, xa que tal e como podemos observar neste artigo de Castells, hai cuestións que poden ser discutibles, pero aínda pasando oito anos o fundamental, o profundo, a ensinanza do artigo perdura.
Por sinalar un pouco da estructura do artigo, Castells divide a súa conferencia en dous grandes bloques de contido, o primeiro que fala da propia estructura da internet, e un segundo bloque onde centra o tema en como Internet modifica as relacións sociais e os diferentes factores que aquí se poden analizar.