




27
Hoxe, falando con Chema Casanova (@txenoo) polo chat pasoume un enlace de descarga dun arquivo duns… 180Mb. Todo normal, continuamos falando, conversas varias e interesantes, coma sempre. Nun determinado intre Chema coméntame que, como xa descarguei o arquivo, pode pechar o navegador. Iso sonoume estraño, como sabía el que xa rematara a descarga? a que se refería con que xa podía pechar o navegador?
Loxicamente, pregunteille e xa mo dixo: Filetea
A raíz de aí comecei a preguntarlle sen parar (perdoa!;), vin que aquela conversa era máis unha entrevista, que unha conversa normal dun día normal. Eu a preguntar e Chema a respostar. Lina de arriba a baixo e, con moi poucos cambios, quedaba unha especie de interesante entrevista improvisada que compartimos con vós:
Só dicir que, cando os meus compañeiros o viron, rapidamente lle viron o potencial educativo. Valorarémolo para algunha evolución do servidor de centro…
Finamente tes sempre un túnel: navegador – servidor – navegador, e o servidor fai de enlace das conexións dos navegadores polo que todo acaba pasando por él.
Pasan dunha forma virtual, nunca está o arquivo completo, só o buffer entre o enviado e o recibido. Digamos que o servidor e unha cañería na que caben só 256k, por exemplo.
Se non se descargan polo cliente, o navegador que sobe non pode subir máis, e cando un descarga eliminase do servidor para facer oco para o seguinte a subir.
Emprega as novas capacidades que permite o HTML5, polo que so funciona en navegadores modernos e que cumpran cos estándares.
FileTea é Software Libre (AGPL) polo que podes instalala no teu servidor.
Se queres probala, podes utilizar a actual versión en http://filetea.me
Xa, pedinlle permiso para publicar a conversa e aquí está. A que mola? Se tendes un momento, botádelle un ollo á súa política de privacidade: Filetea Privacy Policy
Sobre a aplicación:
Artigos publicados:
14
Jordi Adell. Presentación da mesa redonda plenaria «Compartir el conocimiento», nas II Xornadas Internacionais sobre políticas educativas para a Sociedade do Coñecemento, Granada, 8 de marzo de 2007.
Visto no Vblog de Aníbal de la Torre: Jordi Adell – Compartir el conocimiento